IX Xornada de Onomástica Galega
Os outros nomes
Data:
sábado, 19 de outubro de 2024
Lugar:
Pontevedra
As Xornadas de Onomástica Galega son unha iniciativa da Real Academia Galega desenvolvida coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.
O ceo, os animais ou a intelixencia artificial son algúns dos eidos nos que se centrará esta Xornada. O encontro, organizado polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, desenvolverase o sábado 19 de outubro no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
Para asistir é necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico antes do 16 de outubro a publicacions@academia.gal cos datos que se indican no programa.