IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico
SIALNI4
Data:
Desde xoves, 3 de outubro de 2024 ata venres, 4 de outubro de 2024
Lugar:
Santiago de Compostela
Os días 3 e 4 de outubro de 2024 celebrarase na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4).
O evento quere seguir o espírito das tres anteriores edicións, que tiveron lugar nas Universidades de Xénova (2021), Oviedo (2022) e Salamanca (2023), e aspira a converterse nun lugar de encontro de referencia para os académicos que se dedican á investigación da realidade lingüística do noroeste ibérico.
O prazo de envío de propostas está aberto ata o 30 de xuño de 2024.
Toda a información está dispoñible na páxina web