IV Encontro Galego de Ciberseguridade
Data:
Desde mércores, 6 de novembro de 2024 ata venres, 8 de novembro de 2024
Lugar:
Santiago de Compostela
Compartindo obxectivo co Mes Europeo da Ciberseguridade, a Xunta de Galicia, a través do Nodo CIBER.gal, celebrará o IV Encontro Galego de Ciberseguridade os días 6, 7 e 8 de novembro na Cidade da Cultura.
O encontro acolle actividades destinadas a toda a sociedade galega, desde administracións públicas, provedores de servizos, profesionais do sector e do tecido empresarial, ata familias, estudantes, centros educativos e cidadáns en xeral.
Contará coa participación de recoñecidos profesionais como Chema Alonso, David Amor e Esther Estévez, e realizaranse sorteos entre todos os asistentes presenciais.
Acudir ao encontro é gratuíto pero é preciso rexistrarse tanto para a modalidade en liña coma para a presencial.