III Xornada sobre variación e cambio lingüístico
Data:
venres, 8 de novembro de 2024
Lugar:
Santiago de Compostela
Esta terceira edición continúa a ter como principal obxectivo promover e difundir traballos que se enmarquen no campo da variación e o cambio lingüístico. Celebrarase na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o vindeiro 8 de novembro de 2024.
As liñas temáticas que se tratarán son:
- Actitudes e ideoloxías sobre a variación e o cambio lingüístico
- Variación lingüística no ensino de linguas
- Variación e cambio lingüístico en situacións de contacto
- Propagación de procesos de variación e cambio lingüístico