A divulgación da ciencia en galego nos novos espazos
Data:
martes, 7 de maio de 2024
Lugar:
Santiago de Compostela
A Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega organiza esta xornada que pretende ser un punto de encontro e coñecemento de iniciativas xurdidas ao abeiro dos ecosistemas virtuais emerxentes (unhas en marcha e outras parte xa do pasado) para facilitar a análise e a reflexión sobre os retos de divulgarmos ciencia en lingua galega.
A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (100 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.