Congreso AIEG
Horizontes dos Estudos Galegos e/na Lusofonía
Data:
Desde mércores, 17 de abril de 2024 ata sábado, 20 de abril de 2024
Lugar:
Guimaraes (Portugal)
Baixo o título Horizontes dos Estudos Galegos e/na Lusofonía, o XIV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos ( AIEG) pretende ser un espazo para a reflexión sobre a relación entre Galiza e os estudos galegos co que se ten denominado Lusofonía.
Baixo unha diversidade de abordaxes, preténdese promover o debate sobre as relacións culturais, e outras, entre Galiza e a Lusofonía que poden partir de cuestións como: a chamada Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal é unha entidade con dimensión cultural?; cales son os elementos culturais (lingua, historia, paisaxe etc.) en que se apoia(ba)n as iniciativas de interrelación?.
O evento celebrarase na Universidade do Minho (Braga/Guimarães, Portugal), do 17 ao 20 de abril de 2024.