CLARIAH-GAL

I Xeira
Data: 
xoves, 2 de maio de 2024
Lugar: 
Santiago de Compostela
O Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o vindeiro 2 de maio de 2024 a I Xeira CLARIAH-GAL.
CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH
 
O obxectivo desta xeira é presentar o nodo galego, conformado polo ILG e polo CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes), e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia.
Ademais de conferencias e comunicacións por convite, durante o evento presentaranse pósters de proxectos, liñas de investigación, recursos ou grupos de investigación relacionados coas liñas temáticas da Xeira. Todas as persoas interesadas en enviar unha proposta de póster poden facelo ata o 5 de abril.