A adolescencia no século XXI
Conferencia Fundación Abanca
Data:
martes, 15 de outubro de 2024
Lugar:
Pontevedra
Dentro do Ciclo Educación s.XXI da Fundación Abanca, o vindeiro 15 de outubro, ás 19:00h, o recoñecido psicólogo clínico Arun Mansukhani impartirá unha conferencia na Sede Afundación de Pontevedra para compartir as mellores pautas sobre como establecer relacións sas e enriquecedoras coa adolescencia.
Nesta charla aprenderanse estratexias para apoiar o seu desenvolvemento emocional, social e mental, cun enfoque baseado no respecto e na comunicación aberta. Unha oportunidade ideal para familias, docentes e calquera persoa interesada en mellorar o seu vínculo coa xente nova nesta etapa tan crucial.
A entrada é gratuíta, previa reserva.