XXX Congreso Estatal FEAE
A competencia cidadá
Data:
Desde venres, 6 de outubro de 2023 ata domingo, 8 de outubro de 2023
Lugar:
Valladolid
O Forum Europeo de persoas Administradoras da Educación (FEAE) de Castela e León organiza este congreso que terá como temática central a competencia cidadá como elemento aglutinador das aprendizaxes. Baixo o subtítulo de "Cara a un perfil de saída do alumnado baseado na ética e na mellora da sociedade" trataranse os seguintes eixes temáticos:
- A competencia cidadá.
- Equidade e inclusión.
- Educación para a convivencia, o respecto e a prevención de conflitos.
- Sustentabilidade ambiental e implicacións socioeconómicas.
- Metodoloxías favorecedoras.
- A competencia dixital e as súas repercusións no alumnado: redes sociais, violencia
O evento celebrarase na Facultade de Dereito en Valladolid - Auditorio de Peñafiel o vindeiro mes de outubro.