VII Curso de Lingüística e Didáctica do Español

A sintaxe e o seu ensino
Data: 
Desde luns, 3 de Xullo de 2023 ata venres, 7 de Xullo de 2023
Lugar: 
A Rioxa

Organizado polo Centro Internacional de Investigación da Lingua Española (CILENGUA) coa colaboración do Centro Rioxano de Innovación Educativa (#CRIAR) do Goberno da Rioxa, celebrarase do 3 ao 7 de xullo de 2023 en San Millán de la Cogolla este Congreso dirixido a profesores, egresados universitarios e, en xeral, calquera persoa interesada na materia.

Obxectivos
•    Examinar algúns problemas suscitados na análise sintáctica á luz de vellos e novos enfoques e obras gramaticais.
•    Achegarse á delimitación de determinadas estruturas sintácticas e aos seus constituíntes formais.
•    Reflexionar sobre o ensino da sintaxe no contexto actual de Secundaria e Bacharelato, así como en segundas linguas.

 

Máis información