VII Congresso Internacional do Romanceiro
Data:
Desde mércores, 10 de maio de 2023 ata venres, 12 de maio de 2023
Lugar:
Lisboa

O Instituto de Estudos de Literatura e Tradição da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas (UNL) da Universidade Nova de Lisboa e a Fundación Ramón Menéndez Pidal organizan, no marco das súas liñas de investigación dedicadas ao Romanceiro, este encontro, que homenaxeará a Giuseppe Dei Stefano pola súa obra fundamental neste campo.
As dúas institucións convidan a especialistas do Romanceiro ibérico e a estudosos das interseccións dos romances con outras expresións literarias, musicais e plásticas a participar neste espazo de confluencia e debate de perspectivas filolóxicas, intertextuales, interartísticas e de humanidades dixitais aplicadas á literatura.