VI Xornada da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos.

Data: 
xoves, 21 de setembro de 2023
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Comisión Especializada de Nomes Xeográficos está integrada no Consello Superior Xeográfico e ten como misión impulsar a normalización dos nomes xeográficos no Estado, en coordinación cos diferentes organismos competentes do Estado e das comunidades autónomas.

Esta VI Xornada celebrarase na Cidade da Cultura o vindeiro 21 de setembro e centrarase na estreita relación existente entre os nomes xeográficos e mundo dixital. A inscrición está aberta ata o 11 de setembro.

Programa e inscrición

 

Máis información