V Congreso Internacional de Lingüística General
XV CILG 2023
Data:
Desde mércores, 14 de xuño de 2023 ata venres, 16 de xuño de 2023
Lugar:
Madrid

A Universidade Complutense de Madrid acolle o XV Congreso Internacional de Lingüística Xeral (XV CILG 2023) que se celebrará na Facultade de Filoloxía do 14 ao 16 de xuño d e2023.
A presente edición seleccionou como campos prioritarios os da lingüística computacional, a lingüística forense e o ensino de linguas en contornas dixitais. Trátase de tres áreas de gran actualidade, cun marcado impacto social e cun destacado carácter profesionalizante, que constitúen unha boa mostra do que a lingüística pode achegar nun mundo altamente dixitalizado.
O XV CILG contará con conferencias plenarias, sesións temáticas, mesas redondas, sesións de comunicacións orais e sesións de pósteres.