Simposio ILG 2023
Esta vixésimo terceira edición dos simposios do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela aborda o papel das identidades e das ideoloxías lingüísticas nas dinámicas de variación e mudanza lingüística en contextos de contacto lingüístico.
Alén diso, propón unha reflexión sobre as identidades e ideoloxías lingüísticas das persoas falantes de linguas minorizadas, destacando a intersección con outras identidades, como étnicas e de xénero. A diversidade lingüística e o uso de repertorios lingüísticos en contextos de contacto tamén son temas tratados, xuntamente co multilingüismo, a interculturalidade e a superdiversidade lingüística.
Este evento terá lugar do 28 ao 30 de novembro no salón de graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 23 de novembro.