II Xornada sobre variación e cambio lingüístico

Data: 
luns, 9 de outubro de 2023
Lugar: 
Santiago de Compostela

O Instituto da Lingua Galega e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro organizan esta Xornada, que pretende ser un encontro de investigadores e investigadoras para promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas.

Esta segunda edición céntrase no estudo da variación e do cambio lingüístico en espazos urbanos. O propósito fundamental é incentivar o interese pola investigación lingüística, desde distintas perspectivas e con diferentes obxectivos, nas cidades e nos núcleos de concentración de poboación.

Isabel Molina Martos, da Universidade de Alcalá de Henares, e Leonardo Lennertz Marcotulio, da Universidade de Aveiro, son os relatores convidados. Ademais, cóntase coa presentación de sete comunicacións a cargo de investigadores e investigadoras de diversos puntos da península.

O encontro celebrarase na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

 

Máis información