Educación s. XXI
Conferencia acoso escolar
Data:
martes, 14 de novembro de 2023
Lugar:
A Coruña
Educación s. XXI preséntase coma un recurso educativo dedicado a familias, profesorado e escolares, co obxectivo de responder a cuestións actuais que preocupan a sociedade en xeral e afectan de maneira directa ao sector educativo.
No marco deste programa da Obra social Abanca, celebrarase no Auditorio Sede Afundación A Coruña o vindeiro 14 de novembro, ás 19:00h, unha conferencia impartida por Carmen Cabestany co título de "Acoso escolar: cando o silencio impera".
Carmen Cabestany é unha das maiores expertas na loita contra o acoso escolar no noso país e vén de publicar El bullying es cosa de todos, un libro para entender esta lacra social, á vez que denuncia os erros que se están a cometer.
A entrada é de balde.