CIIDES 2024
CIIDES 2024 é unha iniciativa da “Rede Deseño e Atención ás Oportunidades de Xénero na Educación Superior (REDGENU)” e do “Grupo de Investigación Interdisciplinar en Docencia Universitaria-Educación e Tecnoloxías da Información e Comunicación/Educación Inclusiva (GIDU-EDUTIC/IN)”.
Esta primeira edición desenvolverase os días 11, 12 e 13 de marzo de 2024 de xeito virtual.
Os obxectivos do congreso son:
- Compartir experiencias innovadoras e boas prácticas de integración dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) na docencia, investigación, liderado, xestión e transferencia á sociedade.
- Abrir un espazo de debate para intercambiar diversos puntos de vista sobre a Educación para o Desenvolvemento Sostible (EDS) e a educación, en xeral.
- Investigar a formación inicial e continua en EDS do profesorado de todas as etapas educativas.