XXIX Xornadas estatais de FEAE 2022

Aprendendo no camiño: sustentabilidade e formación no século XXI
Data: 
Desde xoves, 20 de outubro de 2022 ata domingo, 23 de outubro de 2022
Lugar: 
Santiago de Compostela e A Coruña

Baixo a epígrafe “Aprendendo no Camiño: sustentabilidade e formación no século XXI”, o Fórum Europeo de Administradores da Educación (FEAE) pretende reflexionar e debater nestas Xornadas sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a súa importancia na educación, sobre o ensino e formación técnica e profesional de calidade, así como compartir experiencias e propostas sobre esta temática que se levaron a cabo en espazos educativos de todo o estado español.

Destinatarios: persoas interesadas na educación (profesorado de todos os niveis, axentes educativos, estudantes, persoas vinculadas a entidades e ONGD, etc.).

Inscrición: ata o 13 de outubro de 2022.

 

Máis información

Palabras clave: