XX Congreso Internacional de Investigación Educativa

Educación inclusiva e equitativa de calidade
Data: 
Desde mércores, 15 de xuño de 2022 ata venres, 17 de xuño de 2022
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagóxica (AIDIPE), en colaboración co Grupo Investigación, Diagnóstico Educativo e Avaliación, da Universidade de Santiago de Compostela; o Grupo de Investigación en Avaliación e Calidade Educativa da Universidade da Coruña e o Grupo de Investigación en Avaliación da Universidade de Vigo, organizan AIDIPE 2022 que se celebrará na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela  os días 15, 16 e 17 de xuño de 2022.

AIDIPE 2022 pretende converterse nun foro de encontro onde se presenten e debatan os últimos avances en investigación educativa. Nesta edición o congreso toma como eixo vertebrador a investigación educativa como medio para lograr unha educación equitativa e de calidade.

 

Máis información