A lingua galega e a filosofía
A Comisión de Cultura e Normalización Lingüística da Facultade de Filosofía organiza as II Xornadas "A lingua galega e a filosofía", que se desenvolverán o 28 de marzo e o 4 de abril de 2022 no Salón de Actos da Facultade e mediante videoconferencia a través de Zoom.
Obxectivos:
- Promover unha reflexión sobre as accións precisas para normalizar o uso na lingua galego na filosofía, tanto no ámbito da creación filosófica, como no eido docente no marco da Facultade.
- Coñecer os precedentes históricos daqueles autores/as que contribuíran ao emprego na lingua galega no seu traballo filosófico.
O destinatario principal destas xornadas é o alumnado da Facultade de Filosofía, en especial o alumnado da materia "Filosofía española e galega".
A participación na actividade é de balde, pero cómpre inscribirse a través da Secretaría Virtual ata o 28 de marzo.