I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
Data:
luns, 14 de novembro de 2022
Lugar:
Santiago de Compostela
A I Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico pretende ser un encontro de investigadores para promover e difundir a investigación sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas. Os traballos que se presentan nesta primeira edición abordan distintas cuestións empíricas, metodolóxicas e teóricas do estudo da variación e do cambio.
Esta xornada, que terá lugar o 14 de novembro no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC, está organizada polo grupo de investigación Filoloxía e Lingüística Galega do instituto da Lingua Galega da USC e polo Centro de Linguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 10 de novembro.