Xornadas de Convivencia escolar "4x4"

4 días, 4 temáticas
Data: 
xoves, 3 de febreiro de 2022
Lugar: 
En liña

CONVIVES, asociación que traballa a convivencia positiva na escola, organiza en febreiro do 2022 as Xornadas de Convivencia escolar "4x4" nas que se abordarán catro temáticas:

- Coidado e benestar da comunidade educativa
- Ciber-convivencia
- Participación para a convivencia
- Inclusión e equidade

Os obxectivos que se perseguen son os seguintes:

1. Crear un espazo de reflexión compartida pola comunidade educativa sobre a convivencia.
2. Identificar retos na xestión da convivencia escolar e pensar en liñas de acción para os centros educativos.
3. Difundir as boas prácticas e xerar redes de traballo colaborativo sobre convivencia escolar, para a mellora dos contextos de ensino-aprendizaxe.

Inscrición e programa da 1ª Xornada (xoves 3 de febreiro, de 16:30h a 18:30h)