Simposio ILG 2020

Estándar, norma e variación: procesos, problemas e perspectivas
Data: 
Desde luns, 8 de febreiro de 2021 ata xoves, 25 de febreiro de 2021
Lugar: 
Santiago de Compostela e en liña

O Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organiza este Simposio que pon o foco nos procesos de estandarización, e conta para a súa realización coa colaboración da rede ECLE (Estandarización Comparada das Linguas de España).

No centro do simposio está o idioma galego, pero ofrécense referentes comparativos, tanto con linguas en situación subordinada ou en proceso de normalización, como coas linguas da contorna máis próxima e cun parentesco máis estreito. 

O simposio realizarase mediante intervencións gravadas e posteriores coloquios/debate en liña, aínda que contará tamén con dúas sesións presenciais que se celebrarán no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e que serán transmitidas en directo. 

Datas de celebración: 8, 10, 18 e 22 (en liña) e 24 e 25 (presencialmente no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e retransmisión en directo) de febreiro de 2021.

Máis información

Palabras clave: