Novas plataformas de comunicación

O galego vive nas Redes
Data: 
martes, 25 de maio de 2021
Lugar: 
En liña

Como usamos o galego nas Redes? Que novos retos ten por diante nas novas plataformas? Que barreiras atopa? Que liberdades encontrou?

Nesta xornada virtual, configurada como unha mesa redonda de cinco voces, tratarase de afondar nestas e outras cuestións a través dalgúns creadores ou partícipes desa comunidade galega que habita en Internet, sexa a través das novas tendencias audiovisuais, da divulgación da lingua ou da asociación e a procura de crear unha comunidade autosuficiente.

Retransmisión en liña (web e canle de Youtube do Consello da Cultura Galega e plataforma Twitch). Non é necesaria inscrición previa.

 

Programa