Coeducación emocional
A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade
Data:
Desde luns, 9 de marzo de 2020 ata mércores, 18 de marzo de 2020
Lugar:
Santiago de Compostela
A EGAP organiza un monográfico sobre coeducación emocional para promover a igualdade cuxos contidos están estruturados en dous bloques temáticos:
Bloque 1: Introdución. A construción socioeducativa da igualdade.
Bloque 2: Estratexias e ferramentas prácticas de aplicación da educación emocional á promoción da igualdade.
A formación terá lugar na sede da EGAP os días 9, 10, 16, 17 e 18 de marzo, en horario de 16.30h a 19.30h.
As 50 prazas dispoñibles poderán solicitarse on line dende as 8.00 h do xoves 27 de febreiro ata as 23.55 h do luns día 2.