Os recursos educativos en galego

A educación científica e a conexión coa natureza
Data: 
martes, 8 de outubro de 2019
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Educación organiza a XII Xornada "Os recursos educativos en galego", dedicada á educación científica e a conexión coa natureza. Desenvolverase o martes 8 de outubro de 2019 no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus NORTE), co obxectivo principal de crear un espazo para o debate e a reflexión ao redor dos recursos educativos en lingua galega, e máis concretamente:

- Coñecer os recursos educativos existentes en lingua galega para a educación científica.

- Definir estratexias e criterios para buscalos e escolmalos.

- Promover a creación de recursos educativos e materiais didácticos propios adaptados ás necesidades contextuais e lingüísticas de Galicia.

- Impulsar a difusión de experiencias educativas centradas na utilización e elaboración de recursos didácticos en lingua galega

O destinatario principal destas xornadas son o alumnado, o PDI e PAS das universidades galegas interesado en coñecer estratexias que axuden a mellorar o uso e coñecemento dos recursos didácticos en galego na educación científica, así como profesionais interesados/as.

O prazo de matrícula remata o 7 de outubro.

Programa

Toda a información