O Lazarillo e os seus continuadores
Simposio internacional
Data:
Desde xoves, 10 de outubro de 2019 ata venres, 11 de outubro de 2019
Lugar:
A Coruña
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_axenda/public/lazarillo.jpg?itok=D-rZfbtA)
A Universidade da Coruña convoca este Simposio Internacional, que se celebrará os días 10 e 11 de outubro de 2019 na Facultade de Ciencias da Educación da UDC, no que se atende tanto aos textos orixinais como ás traducións, adaptacións e continuacións da obra. O Simposio comprende, deste xeito, catro grandes liñas temáticas:
- - Textos: lingua e literatura
- - Traducións: linguas estranxeiras e peninsulares
- - Historia e sociedade
- - Didáctica dos feitos culturais
Toda a información nesta ligazón