IV Xornadas Galegas de Dislexia

Data: 
Desde venres, 20 de setembro de 2019 ata sábado, 21 de setembro de 2019
Lugar: 
Vigo (Pontevedra)

Agadix (Asociación Galega de Dislexia) organiza, o vindeiro 20 de setembro, estas Xornadas que se celebrarán no salón de actos de Afundación de Vigo. Entre os seus obxectivos principais figuran:

- actualizar e compartir o coñecemento sobre a dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe (discalculia e disortografía).

- sensibilizar á sociedade sobre as consecuencias emocionais deste trastorno.

- reducir a taxa de fracaso escolar relacionada directamente coa identificación tardía e a inadecuada intervención da dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe no ámbito escolar.

Estes obxectivos traballaranse cun enfoque multidisciplinar, facendo uso da evidencia científica e a investigación actual neste campo.

 

Máis información