EDUlingüe +
![](http://www.edu.xunta.gal/eduga/sites/site.eduga/files/styles/node_axenda/public/congreso_linguas_estranxeiras_4_maio_19.jpg?itok=j7pxr1Qb)
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional organiza a Xornada EDULINGÜE +. Experiencias en linguas estranxeiras, enmarcada nas experiencias EDUlingüe2020. O evento terá lugar o sábado 4 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela.
O programa inclúe conferencias, experiencias e comunicacións presentadas por persoas relatoras de diversos contextos académicos e diferentes nacionalidades que abordarán temas como:
- as dimensións do contido e a avaliación en CLIL.
- a mediación lingüística, ou
- a ludificación na aula de lingua estranxeira.
Tamén se contará coa participación de profesorado de diversos centros educativos galegos que presentarán as súas experiencias en CLIL e no ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras: o programa de dobre titulación Bacharelato e de Baccalauréat Bachibac, os intercambios escolares, as linguas estranxeiras en STEM e ARTS, entre outras.
EDULINGÜE +. Experiencias en Linguas Estranxeiras ofrecerá, ademais, a visión do alumnado que participou en diferentes programas da Estratexia EDUlingüe2020, que amosará experiencias en primeira persoa para achegar reflexións desde a súa propia perspectiva.
A actividade está aberta a todo o profesorado e a inscrición faise a través de Fprofe co código G1802017.