Curso Internacional de Educación Ambiental

Data: 
Desde mércores, 12 de xuño de 2019 ata xoves, 13 de xuño de 2019
Lugar: 
Oleiros (A Coruña)

O CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) e a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, organizan este curso os vindeiros 12 e 13 de xuño.

O evento, que se celebrará no Castelo de Sta. Cruz (Oleiros - A Coruña), vai dirixido a alumnado de ciencias, educación, turismo...; guías e monitores/as de tempo libre; dinamizadores/as culturais; educadores/as ambientais e persoal docente, entre outras persoas interesadas.

A actividade pretende crear un marco de reflexión sobre a historia e os desafíos da Educación Ambiental, presentar políticas públicas e iniciativas de ámbito internacional, e contribuir á formación profesional dos educadores/as ambientais en Galicia.

A asistencia é gratuita, pero as prazas son limitadas.

Máis información