XV Xornadas da Muller

Data: 
sábado, 17 de marzo de 2018
Lugar: 
Santiago de Compostela

A AS-PG e CIG-Ensino promoven un ano máis as Xornadas da Muller, nas que participa persoal docente e non docente experto en materia de igualdade. Nestas xornadas, que se celebrarán no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela o vindeiro sábado 17 de marzo, participará o Comité Lila (do IES Dionisio Gamallo Fierro de Ribadeo). Pechará o evento un grupo de alumnas do IES de Cacheiras (Teo), membros do grupo "Máis boas que as patacas".

Os obxectivos que se pretende acadar son:

  • Proporcionar ao profesorado técnicas básicas para analizar e estimular a coeducación nas aulas.
  • Transmitir ao profesorado a importancia de educar en igualdade para superar inxustizas xeradas por razóns de xénero.
  • Analizar o papel decisivo da escola como espazo socializador que trasmita valores non sexistas.

O prazo de matrícula remata o 15 de marzo. A inscrición é gratuíta.

Máis información