IV Scratch Day

Edición 2018
Data: 
sábado, 20 de outubro de 2018
Lugar: 
Santiago de Compostela

Organizado polo CPETIG (Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia) coa colaboración da Amtega, o vindeiro sábado 20 de outubro terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o IV Scratch Day dirixido a escolares de entre 7 e 15 anos, que deben asistir acompañados polo seu pai ou nai. O CPETIG concibe esta formación no contexto da familia por considerar decisiva a implicación dos pais e as nais neste ámbito, como apoio e motivación para que os seus fillos se sintan atraídos cara á programación informática.

Nesta edición, a rapazada aprenderá a programación dun videoxogo no ordenador, sendo preciso que os asistentes leven o seu portátil, xa que non serven tablets ou smartphones.

O IV Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais, de xeito que os participantes poden acceder ao mundo da programación de forma lúdica e divertida, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.

Inscricións

Palabras clave: