I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades
ASAC GALICIA, Asociación de Altas Capacidades de Galicia, en colaboración coa Unidade Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela; APADAC, Asociación de Pais de Alumnos de Altas Capacidades de Asturias e ACAACI, Asociación Cántabra de Apoio ás Altas Capacidades Intelectuais, a fin de dar continuidade aos seus esforzos por desenvolver o talento e dar visibilidade ás necesidades educativas especiais das que forman parte as Altas Capacidades, organizan o I Congreso Internacional Noroeste de Altas Capacidades. Retos para o Século XXI na capital galega do 14 ao 16 de setembro de 2018.
O evento constará maioritariamente de diversas conferencias ofrecidas por profesionais de recoñecido prestixio do panorama nacional e internacional, así como de varias mesas redondas de carácter sectorial.