Filosofía na aula

Data: 
Desde sábado, 10 de novembro de 2018 ata sábado, 24 de novembro de 2018
Lugar: 
Vigo (Pontevedra)

ANLLAR (Asociación Galega de Promoción da Educación Permanente) organiza este curso, dirixido a docentes de educación infantil, primaria e secundaria, que se celebrará os días 10, 17 e 24 de novembro no IES Rosais 2 de Vigo. A través de relatorios e obradoiros preténdese acadar os seguintes obxectivos:

1. Estimular a competencia filosófica: argumentativa, comunicativa, creativa e crítica.
2. Crear hábitos e actitudes dialóxicas no alumnado.
3. Coñecer as posibilidades da narrativa, da arte e dos xogos como potenciadores das habilidades do pensamento.

O curso está homologado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con 15 horas lectivas.

 

 

Arquivos adxuntos: