Programa RELACIONA 2017

Estratexias para a igualdade, a coeducación e a erradicación da violencia de xénero
Data: 
luns, 6 de novembro de 2017
Lugar: 
Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra

O Instituto da Muller para a Igualdade de Oportunidades (dependente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade) ofrece ao profesorado, a través do Programa Relaciona, formación en materia de igualdade enfocada á erradicación dos estereotipos e da violencia de xénero. Estes cursos de formación son de especial interese para o profesorado que participa en accións encamiñadas a afondar no ensino coeducativo, pero están abertos a todo o profesorado interesado.

Este curso 2017/18 ofrécense as seguintes edicións:

  • Santiago de Compostela (CAFI): luns 6, 13 e 20 de novembro. Código de referencia en FPROFE: S1702019
  • Lugo (CFR): mércores 8, 15 e 22 de novembro. Código de referencia en FPROFE: L1702017
  • Ourense (CFR): xoves 9, 16 e 23 de novembro. Código de referencia en FPROFE: O1702026
  • Pontevedra (CFR): martes 7, 14 e 21 de novembro. Código de referencia en FPROFE: P1702025

Os cursos, cunha duración de 12 horas, son presenciais e están homologados. O prazo de inscrición está xa aberto.

Máis información