InquEDU

Falemos de educación
Data: 
venres, 1 de decembro de 2017
Lugar: 
Santiago de Compostela (Edificio CINC do Gaiás)

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Galicia Sustentable celebran na Cidade da Cultura de Galicia o vindeiro 1 de decembro ‘InquEDU: Falemos de Educación’, unha xornada para compartir iniciativas, divulgar ideas e fomentar o debate a reflexión sobre propostas educativas innovadoras. Neste espazo, dirixido a educadores, escolares e familias, daráselle visibilidade a proxectos pedagóxicos para abordar a diversidade sexual e a cuestión de xénero na escola, ademais de iniciativas baseadas na música, nos idiomas ou no reforzo da presenza da lingua galega nas aulas.

A xornada ‘InquEDU’ celebrarase no Edificio CINC do Gaiás e dividirase en dúas partes. A quenda da mañá é de carácter pechado para as rapazas e rapaces dos centros educativos gañadores do concurso escolar para impulsar as competencias orais activas ‘ComunicaTedu’; mentres que a da tarde é aberta, con asistencia de balde para todos os públicos, previa inscrición na páxina web http://inquedu.galiciasustentable.org/ onde se accede tamén a toda a información.

Palabras clave: