XI Olimpíada Española de Bioloxía

A Olimpíada Española de Bioloxía (OEB), coa colaboración da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia, organiza, do 7 ao 10 de abril de 2016 na Facultade de Bioloxía de Vigo, a XI Olimpiada Española de Biología (Fase Nacional).
A OEB co apoio da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ofrece a posibilidade de inscrición do profesorado que, non sendo Delegado Autonómico da OEB, desexe participar nas actividades organizadas na Olimpiada. Ditas actividades de formación irán dirixidas ao profesorado e persoal docente especializado que desempeñe as súas funcións en centros sostidos con fondos públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
O prazo de inscrición remata o venres 18 de marzo. A inscrición realizarase por rigorosa orde de recepción a través deste formulario.