II Olimpíada xeográfica de Galicia

Data: 
venres, 4 de marzo de 2016
Lugar: 
Santiago de Compostela

A Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia, en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, organizan a II Olimpíada xeográfica de Galicia co fin de visibilizar esta disciplina tanto na sociedade en xeral como entre o alumnado en particular.

Poden participar todos os alumnos matriculados en segundo de bacharelato que cursen a materia de Xeografía en calquera centro público, concertado ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia. A participación é individual e pódense presentar un máximo de cinco alumnos por centro. Debe haber un profesor responsable dos alumnos participantes.

A olimpíada celebrarase o día 4 de marzo no Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago e os tres primeiros clasificados representarán a Galicia na fase estatal que terá lugar os días 15, 16 e 17 de abril de 2016 en Salamanca.

Os centros educativos interesados deben cumprimentar o impreso de inscrición que se achega no documento adxunto. O prazo de inscrición finaliza o día 29 de febreiro de 2016.

Palabras clave: