EscolaTAC

Data: 
sábado, 5 de marzo de 2016
Lugar: 
Santiago de Compostela

O sábado 5 de marzo terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela o evento EscolaTAC dirixido ao profesorado de Secundaria e Bacharelato.
Esta actividade formativa é un lugar onde aprender non só sobre tecnoloxía senón tamén sobre formas novidosas da súa introdución e uso nas aulas, concepto coñecido como TAC (Tecnoloxías da Aprendizaxe e Coñecemento), a partir do uso metodolóxico das tecnoloxías.

Os obxectivos que se pretende acadar son:

  • Coñecer novas propostas metodolóxicas que integran as TIC e as TAC.
  • Experimentar de forma práctica a aplicación de diferentes metodoloxías para a aula.
  • Reflexionar sobre as posibilidades de aplicación real das propostas vivenciadas.

A data límite de inscrición é o venres 19 de febreiro de 2016, a través de fprofe (código da actividade G1502006)