XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

Data: 
Desde xoves, 22 de outubro de 2015 ata sábado, 24 de outubro de 2015
Lugar: 
Lugo

A Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (SGAPEIO) celebrará en Lugo, do 22 ao 24 de outubro de 2015, o XII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, continuando coa liña de celebrar congresos bienais e de rotación entre as universidades galegas. A cita será no Pazo de San Marcos, sede da Excelentísima Deputación Provincial de Lugo.
A finalidade deste XII Congreso é dar a coñecer innovacións na metodoloxía, nas aplicacións e no ensino, da Estatística e a Investigación de Operacións, en todos os eidos do coñecemento científico e tecnolóxico. Con tales fins, entre os distintos actos incluiranse conferencias, mesas redondas, obradoiros e sesións de comunicacións orais e tipo póster.

Ademais, nesta edición, a programación oficial incluirá algúns relatorios para destacar as aplicacións da Estatística e a Investigación de Operacións nun sector relevante da economía galega como é o conxunto do sector alimentario, que inclúe tanto á industria alimenticia coma aos diferentes ámbitos de recursos do sector: a agricultura, a gandaría, a pesca ou a acuicultura.

O programa incluirá tamén actividades de carácter cultural.

Toda a información nesta LIGAZÓN

Palabras clave: