V Congreso Internacional de Boas Prácticas con TIC

Data: 
Desde mércores, 14 de outubro de 2015 ata venres, 16 de outubro de 2015
Lugar: 
Málaga

Este V Congreso pretende continuar cos foros de reflexión e debate sobre o uso das TIC en ámbitos educativos e sociais proposto nas súas edicións anteriores. Dar a coñecer experiencias que se están a levar a cabo pode enriquecer, sen dúbida, tanto a profesionais da educación coma a alumnos da Universidade que actualmente se están a formar para a docencia.

Preséntase en dúas modaliddaes:
- presencial: do 14 ao 16 de outubro de 2015
- virtual: do 19 ao 31de outubro de 2015

Obxectivos:
- Compartir distintas experiencias Internacionais relacionadas co uso de TIC na docencia.
- Reflexionar sobre o uso das TIC na educación e a súa relevancia.
- Facer un diagnóstico para coñecer o uso e opinión das TIC de alumnado das distintas universidades participantes no Congreso.
- Divulgar boas prácticas docentes empregando as TIC, propiciar a reflexión sobre o uso destas e a súa integración na práctica diaria na aula.
- Fomentar a cooperación, o intercambio e a participación a través de redes educativas.

Toda a información nesta ligazón