Talento 3.0: Formación do profesorado no desenvolvemento do talento

Fase de divulgación
Data: 
luns, 25 de maio de 2015
Lugar: 
Vigo

Este proxecto, organizado pola Fundación Barrié coa colaboración da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, está destinado á mellora da formación do profesorado (Infantil, Primaria, Secundaria e Orientación) na detección e educación dos talentos do alumnado co fin de  optimizar o seu desenvolvemento nas aulas.

Na súa fase de divulgación, impartiranse  conferencias en diversas cidades de Galicia co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a necesidade da detección e atención dos talentos dos nenos e nenas na aula.
As cidades, días e sedes onde terán lugar son:

  • Vigo: 25 de maio, 18:00 h. na sede da Fundación Barrié. Convidados: Óscar Pereiro e Terio Carrera.
  • Lugo: 26 de maio, 18:00 h. no Salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación. Convidados: Estívaliz Veiga e Antonio Mourelo.
  • Ourense: 2 de xuño, 18:00 h. no Salón de actos do Colexio Maristas. Convidados: Daniel Minimalia e Ramón Conde.
  • Santiago de Compostela: 3 de xuño, 18:00 h. no Salón de actos da Facultade de Psicoloxía (USC). Convidados: Jorge Mira e María Soler.

A actividade está dirixida a todas as persoas interesadas, previa inscrición.

Acceso á inscrición

PROGRAMA