Scratch Day

Xornada para achegar as posibilidades da programación informática entre rapaces, pais e profesorado
Data: 
sábado, 10 de outubro de 2015
Lugar: 
Santiago de Compostela

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organizará o vindeiro día 10 de outubro, no salón de convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura de Galicia, o evento “Scratch Day” no que os participantes poderán acceder de forma lúdica ao mundo da programación, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.
O CPETIG quere outorgarlle a este acontecemento un carácter familiar, polo que se dirixe fundamentalmente a nenos e nenas de entre 7 e 15 anos que, acompañados dos seus pais, poderán compartir unha xornada aprendendo e gozando da informática. O obxectivo é difundir as posibilidades que poden ofrecer as TIC, especialmente en idades temperás e contribuír, así, a reducir a fenda dixital.
Ademais, de xeito parello, levarase a cabo tamén unha acción formativa en “Scratch” destinada ao profesorado. Esta actividade servirá como formación presencial dentro do programa “Aprendo programando” incluída no Plan Proxecta, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Toda a información nesta LIGAZÓN