Realidade educativa na comunidade xitana en exclusión

Formación para profesionais do ámbito da educación
Data: 
Desde martes, 16 de xuño de 2015 ata xoves, 18 de xuño de 2015
Lugar: 
Santiago de Compostela

Estas xornadas están organizadas pola Unión Romaní desde a súa área de educación e financiadas polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade. Dirixidas a  profesionais e estudantes do ámbito educativo e social, pretenden crear un espazo de reflexión e análise no que se favoreza o trasvase de información sobre estratexias, ferramentas e recursos para intervir na realidade educativa diaria.

Nesta XIII edición, o contido estrutúrase en tres bloques fundamentais:

  • Cultura xitana
  • Mediación educativa
  • Habilidades sociais

A actividade celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación (Aula 12), Campus Norte de Santiago de Compostela os días 16, 17 e 18 de xuño de 2015.

A matrícula é gratuíta e as prazas son limitadas.

Toda a información nesta LIGAZÓN