Presentacións de impacto. As exposicións públicas
Data:
martes, 1 de setembro de 2015
Lugar:
Santiago de Compostela

O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organiza estes Encontros que se celebrarán na súa sede o día 1 de setembro de 2015, en horario de mañá e tarde. Dirixidos aos docentes de ESO, Bacharelato e ciclos formativos, nesta xornada prantéxanse os seguintes obxectivos:
1.Obter as bases teóricas e prácticas para o éxito nas exposicións públicas.
2.Transmitir de forma eficaz a mensaxe á audiencia.
3. Dotar dunha orientación comercial ás presentacións.
O prazo de inscrición remata o 17 de xullo.
Máis información en fprofe