II Encontros InspiraTICs

Para que os teus alumnos atendan, entendan e aprendan
Data: 
xoves, 5 de marzo de 2015
Lugar: 
Arteixo (A Coruña)

A II edición dos encontros InspiraTICs, que terá lugar o  xoves 5 de marzo no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre de Arteixo (A Coruña), aspira a ser un espazo no que profesores de toda Galicia se acheguen a novas ferramentas dixitais que enriquezan o seu labor docente, ademais dun lugar para compartir as súas propias experiencias. Nel abordaranse diferentes técnicas e instrumentos para "sintonizar" cos alumnos que naceron nun ámbito dixital, os chamados "nativos dixitais".

O encontro comezará coa conferencia "Ferramentas imprescindibles para comunicar mellor: Programación Neurolingüística e intelixencia emocional", na que un experto do sector audiovisual e os contidos dixitais abordará distintos recursos, materiais e actitudes útiles para espertar o interese e a curiosidade dos alumnos. O programa da xornada continúa coa celebración de tres obradoiros simultáneos nos que os asistentes coñecerán diferentes experiencias didácticas novidosas que poderán levar ás súas aulas.

A inscrición está aberta ata o vindeiro luns 2 de marzo ás 19:00h.

Toda a información AQUÍ