I Xornadas de Desenvolvemento Sociocomunitario no Rural Galego

Lecturas desde a Educación Social
Data: 
Desde sábado, 19 de setembro de 2015 ata domingo, 20 de setembro de 2015
Lugar: 
Vedra (A Coruña)

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG) , a través do seu Grupo de desenvolvemento comunitario e educación ambiental, a Eira do Ceesg, organiza os días 19 e 20 de setembro de 2015 na Casa de Cultura do Concello de Vedra as I Xornadas de Desenvolvemento Sociocomunitario no Rural Galego. O obxectivo é dar a coñecer experiencias de educación social que favorecen o desenvolvemento comunitario no rural, a través de mesas redondas e presentación de experiencias. Tamén se desenvolverá un obradoiro de teatro e disfrutarase dun tempo de lecer para coñecer diversos lugares de interese do concello de Vedra.

Máis información na web do CEESG.

PROGRAMA