Escola, aprendizaxe e colaboración na nube

Data: 
sábado, 10 de outubro de 2015
Lugar: 
Santiago de Compostela

No marco da Conferencia final do proxecto europeo RuralSchoolCloud, o vindeiro sábado 10 de outubro celebrarase no Pazo de Fonseca en Santiago de Compostela a Xornada Escola, aprendizaxe e colaboración na nube, un evento gratuíto e dirixido principalmente a docentes de ensino infantil, primaria e secundaria, formadores de profesores, investigadores en educación e TIC, estudantes de Maxisterio e Pedagoxía, técnicos e administradores en políticas educativas e, en xeral, persoas interesadas ​​no emprego das TIC e a computación na nube en entorno escolar, en especial nas escolas rurais ou illadas.

A participación é gratuíta, previa inscrición. e poderase asistir de xeito presencial ou seguir por internet a través de streaming en directo. Todos os participantes presenciais recibirán un diploma de participación expedido pola USC (Universidade de Santiago de Compostela) e o Cesga (Centro de Supercomputación de Galicia). Así mesmo, os docentes que asistan á xornada terán esta actividade recoñecida con 8 horas de formación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Inscrición e programa


 

Palabras clave: