Desenvolvemento da competencia dixital a través da resolución de tarefas

Data: 
Desde martes, 27 de outubro de 2015 ata martes, 1 de decembro de 2015
Lugar: 
Santiago de Compostela (CAFI)

O Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organiza este curso presencial de 21 horas sobre o uso metodolóxico da tecnoloxía na aula e os dispositivos nas mans do alumnado para unha aprendizaxe real e efectiva. Os obxectivos que se prantexan son os seguintes:

1. Contextualizar as TIC na resolución de tarefas.

2. Mellorar a competencia profesional asociada as TIC mediante a integración de recursos, aplicacións e dispositivos na resolución dunha tarefa.

3. Desenvolver estratexias para a planificación e resolución de tarefas complexas a través das TIC.

Inscrición a través de FPROFE (código da actividade S1501017). O prazo remata o mércores 7 de outubro.