Cursos de programación con Scratch para docentes

Data: 
Desde martes, 13 de outubro de 2015 ata venres, 16 de outubro de 2015
Lugar: 
Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Vigo

Entre o 10 e o 18 de outubro celébrase a terceira edición da Semana da Programación da Unión Europea, iniciativa popular organizada por voluntarios que promoven a programación de ordenadores como método que axuda a mellorar as capacidades de resolución de problemas, a comunicación, a colaboración e a creatividade.
Sumándose a esta iniciativa, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e o Colexio Profesional de Enseñaría en Informática de Galicia (CPEIG), van desenvolver  a actividade de formación do profesorado “Programación con Scratch”.
Este curso será impartido no CAFI e en todos os CFR por especialistas do CPEIG, en sesións de 4 horas pola tarde que comezarán o martes 13 de outubro e rematarán o venres 16. A inscrición realizarase utilizando a aplicación Fprofe.

Os códigos da actividade son os seguintes:

  • CAFI: S1501090
  • CFR da Coruña: C1501028
  • CFR de Ferrol: F1501019
  • CFR de Lugo: L1501026
  • CFR de Ourense: O1501025
  • CFR de Pontevedra: P1501044
  • CFR de Vigo: V1501040